SLIDER

14 de xuño de 2019
Señalética Biblioteca

Señalética Biblioteca



Este curso demos comezo a un proxecto de renovación dos sinais da Biblioteca, mellorando o seu deseño e adaptándoo á clasificación decimal universal (CDU).

É un proceso longo, que comezou nas clases de Fundamentos de Deseño da profesora Laura Molina. De aí sairon os deseños de Lidia Cejuela e Nekane Rocha, elexidos entre diversas propostas presentadas. Os distintos equipos de alumnos traballaron nunha das seccións temáticas propostas, que neste caso era a de Ciencias Exactas e Naturais.

Nun segundo paso, as alumnas, nas clases de TEGP, procederon a adaptar os deseños a todas as seccións da CDU, cada unha cun icono e unha cor diferente. Tamén redeseñáronse as subseccións, simplificándoas para que se adaptasen ao elevado número co que contamos.

Polo momento, empezamos a colocar os carteis das seccións, e estamos procedendo coas subseccións

Podedes observar a evolución do deseño nas imaxes seguintes, e algúns dos carteis de seccións xa colocados:

Deseño das alumnas

Deseño final
Deseño das alumnas

Deseño final

Carteis das seccións en proceso

Carteis das seccións









7 de xuño de 2019
Entrevista a Xulia Pisón na revista Mapoula

Entrevista a Xulia Pisón na revista Mapoula

Como vos contábamos hai uns días, unha das actividades deste curso xirou arredor da ilustradora Xulia Pisón. Ademáis da charla, traballamos na elaboración dunha entrevista con preguntas feitas en equipo polos alumnos de 2º de BAC, que aparece publicada no número deste ano da Revista Mapoula.

Podedes ver a revista dixitalmente a través deste enlace. Pero, para ir abrindo boca, deixámosvos cunha das preguntas que nos contestou:


· Que consello lle darías á Xulia que estaba a piques de empezar Ilustración e non sabía (quizais) que se atoparía de aí en diante? 

Á Xulia que estaba comenzando con esta aventura diríalle que tivese coidado coas lesións, que non é cuestión do rápido que chegues, senón de chegar con todas as pezas en bo estado. A vós, que estades a piques de tomar decisións de futuro, diríavos que sexades fieis a vós mesmos e que non as tomedes en base a medos. Ademais, a vida da mil voltas  e ningún camiño é definitivo!


Imaxe: Samuel García

Imaxe: Samuel García





4 de xuño de 2019
Libros ilustrados de Xulia Pisón

Libros ilustrados de Xulia Pisón

Éste é o rincón da nosa mesa de novidades adicado aos libros e fanzines da ilustradora e ex-alumna nosa Xulia Pisón, entre os que figura o seu último libro Microalgas.





As adicatorias de libros de Xulia non son calquera cousa!


31 de maio de 2019
Xulia Pisón volve a Adormideras

Xulia Pisón volve a Adormideras

Este curso tivemos a oportunidade de coñecer á ilustradora e exalumna do centro Xulia Pisón en dúas ocasións. A primeira nunha mesa redonda que tivo lugar na EASD Pablo Picasso e a segunda na Biblioteca do noso centro. Alí compartiu connosco unha charla estupenda e ademais, ao rematar, regalounos consellos moi interesantes para as nosas futuras carreiras como artistas.

Neste enlace podedes ver máis imaxes da charla e uns vídeos coas súas palabras.








15 de maio de 2019
Ambientazo

Ambientazo


Así puidemos ver a Biblioteca durante os recreos de case todo o curso. E estes días, cos exames finais doa alumnos de 2º de BAC, moito máis. alégranos moito o ambiente de estudo que se respira entre as nosas paredes.

30 de abril de 2019
Mesa de novidades: novelas e libros ilustrados feministas

Mesa de novidades: novelas e libros ilustrados feministas

A nosa mesa de novidades das últimas semanas amosa libros ilustrados, ensaios e novelas de temática feminista, acompañados dos carteis presentados ao concurso reivindicativo do Día da Muller.









4 de abril de 2019
Premio do concurso de carteis Día da Muller.

Premio do concurso de carteis Día da Muller.

No concurso organizado pola nosa compañeira Lucía Sáez, para seleccionar un cartel para reivindicar o Día da Muller, o premio recaeu no alumno David P. Plaza, de 2º BAC E, co cartel que podedes ver a continuación:




Moitos parabéns!